ILUMINA A TÚA VIDA CON

POLYLIGHT COLUMNS

FABRICACIÓN PROPIA DE COLUMNAS EN FIBRA DE VIDRO

Columnas Polylight

Polylight pertence ao grupo de empresas AB Zeta M&C S.L., líderes de mercado dende o ano 1989 na fabricación con fibra de vidro. Non é ata o ano 2008 cando nace Polylight Columns cunha primeira liña de produción de columnas de alumeado en fibra de vidro.

Polylight Columns conta cun proceso de produción innovador de columnas 100% fabricadas en Poliéster Reforzado en Fibra de Vidro (PRFV) e, por tanto, de clase dieléctrica II. Isto implica que o usuario está protexido totalmente fronte á electrocución no caso de sobrecarga de tensión. É dicir, as nosas columnas non incorporan ningún tipo de elemento metálico.

A fabricación íntegra con PRFV garante que as columnas cumpran cuns estándares de calidade e beneficios moi superiores fronte a outros tipos de materiais usados actualmente. Excelentes características resistentes a ácidos, ambientes salinos e desfavorables.

Estas columnas poden ser instaladas mediante bases con parafusos ou incrustación. As Columnas Polylight contan con bases e portas integramente fabricadas en fibra de vidro, sen presencia de metais, o que garante a súa resistencia a ambientes desfavorables.

Grazas ao seu proceso de fabricación, Polylight Columns logra fabricar columnas PRFV dende os 3 metros de altura ata os 20 metros, con clase deformación I, II e III. Así mesmo, o noso proceso de fabricación permítenos fabricar os postes con calquera diámetro e conicidade, adaptándoos así ás necesidades do cliente.

Polylight Columns conta actualmente con catro liñas principais de fabricación segundo o seu uso: columnas para alumeado público, columnas para placas fotovoltaicas, columnas para tendido eléctrico de media e baixa tensión e postes para telecomunicacións.

Columnas para alumeado

PRINCIPAIS USOS

Columnas para alumeado público

Columnas para alumeado público e columnas de iluminación autónomas. Accesorios para incorporación de luminarias.

Columnas para placas fotovoltaicas

Adaptación aos diferentes accesorios que requira o proxecto. Fabricación propia de accesorios para a súa adaptación.

Columnas para tendido eléctrico

Adaptación de brazos, soportes, tirantes e crucetas na columna en PRFV para a incorporación de diferentes tipoloxías de accesorios.

Columnas para postes de telecomunicacións

O noso proceso de fabricación por alta presión garante unas propiedades mecánicas excelentes, con maiores cargas de traballo.

Por que elixir POLYLIGHT COLUMNS?

ADAPTACIÓN E SEGURIDADE

A configuración produtiva de Polylight Columns favorece unha alta flexibilidade na súa produción, sendo esta unha gran vantaxe competitiva única á hora de adaptarse as necesidades ou proxectos concretos de partners empresariais.

Esta gran vantaxe produtiva permite realizar cambios e modificacións en bases, portas de rexistros, accesorios, etc.… Deste modo, lógrase unha total adaptación dos produtos as necesidades do proxecto. Para elo, requírese do traballo en conxunto do equipo comercial especializado, departamento I+D+I e asociados involucrados no mesmo, garantindo así unha adaptación con todas as garantías de integridade e seguridade do produto e correcta instalación.

A tranquilidade de contar cunha empresa con máis de 15 anos de experiencia no sector.

Tecnoloxía

Contamos con departamento interno de I+D+I co obxectivo de continuar ofrecendo aos nosos clientes e os seus proxectos as maiores solucións adaptadas para as nosas columnas.

Accesorios

Innovación e adaptación en accesorios para ofrecer solucións segundo os requisitos do proxecto cas nosas columnas en PRFV.

Calidade e Seguridade

A mellor opción en columnas PRFV para alumeado, placas fotovoltaicas, tendido de media e baixa tensión e telecomunicacións do mercado.

DISTRIBUCIÓN DE COLUMNAS DE FIBRA DE VIDRO PRFV POR TODA ESPAÑA, EUROPA, SUDAMÉRICA E ÁFRICA

Buscamos empresas interesadas en formar parte do noso equipo de distribución en calquera lugar. Queres formar parte de Polylight? Non dubides en solicitar información sen compromiso.

España: Andalucía · Aragón · Asturias · Illas Baleares · Canarias · Cantabria · Castela e León · Castela-A Mancha · Cataluña · C. Valenciana · Estremadura · Galicia · Madrid · Murcia · Navarra · País Vasco · A Rioxa · Ceuta · Melilla

Europa: Alemaña · Austria · Bélxica · Bulgaria · Dinamarca · Francia · Grecia · Irlanda · Italia · Países Baixos · Polonia · Portugal · Reino Unido · República Checa · Romanía · Suecia · Etc…

América do Sur: Chile · México· Perú · Brasill

África: Marrocos · Costa Marfil · Angola · Mozambique · Cabo Verde

MANTEMENTO MÁIS ECONÓMICO

Con Polylight Columns mellorará a seguridade viaria, economizará o seu mantemento e protexerá o medio ambiente.

Columnas de Fibra de Vidro PRFV

urbanizaciones

Alumeado Público

otros usos icono

Tendido eléctrico

alumbrado publico-icono

Telecomunicacións

viales y carretera

Outros usos

COLUMNAS SEGURAS E RESISTENTES

Contamos cun departamento técnico encargado de determinar as características óptimas de cada columna para soportar as forzas ocasionadas polas luminarias ou accesorios requiridos polo cliente, garantindo que soportan ventos con velocidades máximas de 29 m/s cuns factores de seguridade adecuados.

As nosas columnas levan un acabado superficial en GEL-COAT, o que lles confire unha terminación lisa e perfecta, excelente resistencia fronte a ácidos e ambientes salinos, así como unha gran estabilidade fronte á luz.

A cuberta da porta tamén está producida en PRFV, axustada e rasada á columna. Todas as nosas columnas dispoñen de certificados IK10 (máxima puntuación de protección fronte impactos) e IP66 (máxima puntuación de protección fronte ao po e chorros de auga a alta presión, o que garante a estanquidade da columna).

Columnas-seguras-e-resistentes

Queres ser noso distribuidor?