POLYLIGHT COLUMNS

la más alta calidad en columnas de fibra de vidrio

empresa

- POLYLIGHT COLUMNS -

Configuración empresarial

O grupo de empresas AB Zeta M&C S.L., con vasta experiencia en fustes en fibra de vidro, mantense como líder de mercado dende 1989.

No 2008 o grupo empresarial comeza o seu desenvolvemento ca primeira liña de produción de columnas de alumeado e postes para o sector “fotovoltaico, eléctrico e telecomunicacións”, logrando introducir todos os beneficios do poliéster reforzado en fibra de vidro (PRFV) a través da marca Polylight Columns.

Actualmente, Polylight Columns conta na súa planta de Galicia con catorce liñas de produción para columnas de alumeado (tanto tradicionais como autónomas e híbridas mediante células fotovoltaicas), columnas para vídeo vixilancia, e de postes para liñas eléctricas, de telefonía e telecomunicacións.

Sendo o mercado de Iberia a súa principal zona de actuación, conta ademais con distribución e execución de proxectos a nivel internacional en lugares como América do Sur, África e varios países do continente europeo.

Visión de Polylight

Polylight Columns traballa a diario para mellorar todo o seu proceso de produción e comercialización, perseguindo o apoio necesario para lograr unha transformación global no sector do alumeado.

Logrando desprazar materiais metálicos e de madeira, consolidou un futuro no que prima a seguridade, resistencia, fiabilidade e estética no sector do alumeado ca utilización do PRFV.

Polylight Columns quere seguir sendo socio indiscutible de todos os profesionais do alumeado, engadindo unha calidade superior e fomentando a confianza cos nosos clientes, apoiándonos en todos os traballos realizados e resultados obtidos. Culminando nun éxito empresarial para ambas partes.

O NOSO EQUIPO

Polylight Columns conta cun departamento interno de I+D+I que xunto co departamento técnico apórtalle a flexibilidade e o dinamismo necesario para modificar as características das columnas fabricadas segundo as necesidades puntuais e específicas de cada cliente, sempre respectando a seguridade integral das mesmas.

Para a distribución das nosas columnas en fibra de vidro contamos con enlaces comerciais en diferentes partes do mundo. Se ti tamén formas parte do sector da iluminación e telecomunicacións, podes formar parte da nosa rede de distribuidores.

columna_negra_polylight
columnas_polylight_negra
traballos_polylight

Deskargatu PRFV zutabeetako fitxa teknikoak






    Descargar Fichas Técnicas Columns PRFV






      Télécharger les fiches techniques des colonnes GRP






        Descarregar as fichas técnicas das colunas GRP






          Descarregar Fitxes Tècniques Columnes PRFV






            Download Data Sheets GRP Columns