Certificados e Informes de Laboratorio

certificados

- e informes de laboratorio -

AB Zeta M&C S.L. garante que todos os modelos de columnas Polylight Columns están certificadas, deseñadas e producidas para soportar luminarias de ata 17 kg e 0,13 m² de superficie baixo as máis exixentes condicións, tales como velocidade básica do vento de 29 m/s (Zona C), categoría do terreo clase I (mar aberto) ou coeficientes parciais de carga CLASE A (1,4 para cargas de vento e 1,2 para cargas propias).

As nosas columnas están pigmentadas na masa, mentres que na superficie aplicamos un GEL COAT que lle aporta un acabado liso, proporcionando unhas excelentes características fronte a ácidos e ambientes salinos, ademais de unha gran estabilidade fronte á luz.

As columnas ofrécense tamén ca opción de brazos de PRFV producidos nunha soa peza e de diferentes tamaños segundo as exixencias do cliente.

A cuberta da porta tamén está producida en PRFV, axustada e rasada á columna, e cérrase mediante unha chave especial. Todas as unións e fixacións estruturais están confeccionadas con diversos materiais e aliaxe de polímeros que ofrecen unha durabilidade equivalente ou mellorada.

Todas as nosas columnas dispoñen de certificados IK10 (máxima puntuación de protección fronte a impactos) e IP66 (máxima puntuación de protección fronte ao po e chorros de auga a alta presión).

As nosas columnas cumpren cos requisitos estipulados nas normas UNE EN 40-2:2006, UNE EN 40-3:2013 e UNE EN 40-7:2003 de columnas e báculos de alumeado.

Facemos mención ao comportamento conforme á norma UNE EN 12767 de prestacións en seguridade pasiva CLASE 0 e dispoñemos do certificado de calidade de cumprimento da norma UNE EN ISO 9001:2015, en virtude do Regulamento (UE) Nº 305/2011 do Parlamento Europeo polo que se establecen condicións harmonizadas para a comercialización de produtos de construción, todos os cumprimentos destas normas anteriormente citadas están certificadas por unha empresa de recoñecido prestixio.

Características
Especificación Polylight
Densidade
1500-1900 Kg/mᶾ
Dureza superficial
45-55 BARCOL
Resistencia ao choque
>20 J/cm²
Resistencia á flexión
>500 Mpa
Módulo de elasticidade á flexión
>36500 Mpa
Resistencia á tracción
>380 Mpa
Módulo de elasticidade á tracción
>27500 Mpa
Absorción de auga
<0,4%
Estabilidade térmica
 -30/+70 ºC
Resistencia ao polvo e á auga
IP 66
Rixidez dieléctrica
≈30 kV/mm 
Resistencia a impactos
IK 10
Resistencia a axentes químicos e atmosféricos
EXCELENTE

Dispoñemos do informe, certificado por Bureau Veritas, dun recoñecido laboratorio que certifica que as nosas columnas na súa totalidade, base e fuste, cumpren os requisitos da norma UNE EN 60598-1:2015 relativos á resistencia de illamento e a rixidez dieléctrica para illamento dobre ou reforzado (Clase II dieléctrica).

Así mesmo, atendendo ao uso e finalidade das nosas columnas de instalacións de alumeado exterior, cumprimos co RD 842/2002 polo que se aproaba o Regulamento electrotécnico de baixa tensión, e máis en concreto a súa instrución técnica ITC-BT-09.

Listado de certificados e normas acreditadas ás Columnas Polylight Columns:

· DIELÉCTRICO Clase II
· IK10 UNE – EN 50102. 1996
· IP66 UNE – EN 20324: 1993
· UNE EN 40-3: 2013
· UNE EN 40-7: 2003
· UNE EN 12767
· UNE EN ISO 9001: 2015
. UNE EN ISO 14001: 2015
· UNE EN 60598-1: 2015
· UNE EN 40-2: 2006
· REGULATION (EU) No. 305/2011 (RD 842/2002 – ITC-BT-09)

A norma UNE-EN 12899 non se aplica ás columnas de iluminación, dita norma é aplicable para sinais verticais.

CERTIFICADOS POLYLIGHT COLUMNS

Deskargatu PRFV zutabeetako fitxa teknikoak






    Descargar Fichas Técnicas Columns PRFV






      Télécharger les fiches techniques des colonnes GRP






        Descarregar as fichas técnicas das colunas GRP






          Descarregar Fitxes Tècniques Columnes PRFV






            Download Data Sheets GRP Columns